Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 77/2014).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Aluminios Cortizo, S.A.

Domicilio social: lg. de Estramundi, s/n, apdo. Correos 68, 15900 Padrón.

Denominación: LATS 66 kV, subestación 66/20 kV, 10 MVA, LMTS, Fábrica.

Situación: lugar de Estramundi, s/n.

Características técnicas: liña de AT en simple circuíto soterrada, con inicio en nova posición dedicada en barras de 66 kV en subestación Padrón de Unión Fenosa Distribución, S.A. (no sucesivo UDF) con número de expediente de UDF 218310060152, onde se sitúa o punto de entrega e o equipamento de medida, e final en nova subestación de cliente, para transporte de 10 MW (capacidade total 21,5 MW), lonxitude 2.915 m, soterrada baixo tubo, RHZ1 36/66 kV, 1×240/95 mm2.

Subestación 66/20 kV, simple barra, cunha posición de liña, incluíndo todos os equipamentos de medida, mando, control e proteccións necesarias para adecuada explotación. Transformador de potencia 66/20 kV, trifásico, de columnas, en baño de aceite, intemperie, regulación encarga, 10 MVA. Alimentación servizos auxiliares mediante LBT desde trafo existente en fábrica, en 4×50 mm2 Al.

Liña media tensión soterrada conexión da fábrica desde subestación proyectada hasta centro de distribución CD1, en RHZ1 240 mm2 Al, lonxitude 180 m, formado por 4 celas de liña, unha de entrada, dúas de alimentación a CT existentes e unha de saída para LMT de alimentación a centro de distribución CD2, en RHZ1 240 mm2 Al, 330 m, formado por 4 celas de liña, unha de entrada, dúas de alimentación a CT existentes e unha de saída para LMT ata local existente de celas de coxeración.

Eliminarase a acometida actual en media tensión de alimentación ao complexo industrial.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña