Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 179/2014, interposto por Xosé Daniel Piñeiro Villares e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. número 179/2014, interposto por Xosé Daniel Piñeiro Villares, Ignacio Martín-Sonseca Prieto, Manuel Ángel Paz Rey, María Belén Mosquera Val, Ana María Rodríguez Lanza, María Dolores Antelo Ferreiro, Darío Andrade Expósito, Manuel Nodar Real, Susana Conde García, Diego de Novoa Fernández, Javier Mosquera Cid e Marcos Sotelo Acuña contra a Resolución do 4 de abril de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de abril de 2014 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública