Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 252/12 de reclamación de responsabilidade patrimonial.

Con data do 2 de maio de 2014 a conselleira de Sanidade ditou resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por Julia García Gómez o 18 de agosto de 2010.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Julia García Gómez o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Como de acordo co artigo 61 de devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da resolución de responsabilidade patrimonial pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limítase á publicación, como anexo, dunha sucinta indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro de devandito acto e constancia de tal coñecemento.

A dita resolución pon fin á vía administrativa e, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, segundo o disposto no artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998, do 13 de xullo.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: 252/12.

Reclamante: Julia García Gómez.

DNI/NIF: 35284340-V.

Último domicilio coñecido: en Pontevedra, rúa Leopoldo Novoa García, nº 6, baixo B, Raxó de Poio, 36992 Pontevedra.

Contido da notificación: resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por Julia García Gómez polos supostos danos que lle foron ocasionados pola atención que lle foi prestada a través de medios do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 15 días.