Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:
– Nº expediente: CGSIB/002/14/XSP-CONC-CD.
Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria.
Denominación do concurso público: xestión do servizo público asistencial de atención diúrna e outros servizos de prevención de situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal nos centros de día de Ares, As Pontes de García Rodríguez, Ferrol-Caranza e Ferrol-Esteiro.
Importe de adxudicación: 1.333.492,20 €, IVE incluído.
Adxudicatario: Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.
Data de formalización do contrato: 31.5.2014.
Vantaxes da oferta do adxudicatario: Proposta que mellor recolle, comprende e planifica os servizos de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal de cara aos usuarios dos centros de Ares, As Pontes de García Rodríguez, Ferrol-Caranza e Ferrol-Esteiro.
Para máis información, consúltese a páxina web www.igualdadebenestar.org, epígrafe Perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar