Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34541

V. Administración de xustiza

Xulgado de primeira instancia nº 13 A coruña

EDICTO (808/2011).

Procedemento ordinario 808/2011.

Sobre dereito á honra, intimidade e imaxe.

Demandante: José López Balado.

Procuradora: María Dolores Doldan Palacios.

Demandada: Aida Nízar Delgado.

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario número 808/2011, seguido neste xulgado por instancia de José López Balado fronte a Aida Nízar Delgado, en situación de rebeldía procesual, ditouse sentenza, con data do 5 de xuño de 2013 cuxos orixinais se encontran na secretaria deste xulgado á disposición da demandada Aida Nízar Delgado. Fáiselle saber que contra a devandita resolución cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, contados desde o seguinte á publicación do presente no BOP, logo de ingreso da cantidade de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado.

Encontrándose a devandita demandada en situación procesual de rebeldía por estar en paradoiro descoñecido, expídese o presente que servirá de notificación en forma á indicada demandada.

A Coruña, 15 de xullo de 2014

A secretaria xudicial