Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34309

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (190/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 190/2014 por instancia de Begoña Leis Rama contra Tercera Edad Servicios del Norte, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales, no día da data, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que a demandante foi obxecto o 31 de decembro de 2013 e, así mesmo, declaro extinguida a relación laboral existente entre a demandante e Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., e condeno a esta empresa a aboar á demandante a cantidade de 408,37 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente, así como a aboar a cantidade de 1.376,73 euros, en concepto de salarios debidos, cantidade esta última incrementada co dez por cento de xuro de demora. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Tercera Edad Servicios del Norte, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de xuño de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial