Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34133

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2014 pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 31 de marzo de 2014.

A Orde do 31 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 8 de abril) regula a convocatoria e a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Logo de ver os informes proposta formulados pola comisión constituída ao abeiro do artigo 11 da citada convocatoria e polo órgano instrutor que recolle o artigo 10, e en virtude das facultades que me confire a disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta secretaría xeral

DISPÓN:

Artigo 1

A concesión de axudas, na contía que se indica, aos proxectos que se relacionan no anexo I.

Artigo 2

Desestimar os títulos que se relacionan no anexo II, polos motivos que aparecen citados na epígrafe correspondente. Neste anexo especifícanse tamén as solicitudes que non atenderon o requirimento de emenda de erros en forma e/ou no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 3

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co establecido na disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 4

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web, no enderezo www.xunta.es/linguagalega, a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Así mesmo, en cumprimento co disposto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Secretaría Xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como as sancións impostas aos beneficiarios.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Número de expediente

Solicitante

Título

Importe

2014/000001-0

Xerme Edicións, S.L. (Grupo SM)

Proxecto Guau 3 anos

3.276,00 €

2014/000002-0

Xerme Edicións, S.L. (Grupo SM)

Proxecto Guau 4 anos

3.527,00 €

2014/000003-0

Xerme Edicións, S.L. (Grupo SM)

Proxecto Guau 5 anos

3.364,00 €

2014/000004-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Pegadas 1. Lingua e medio 1º primaria (libro + 2 cadernos)

4.305,00 €

2014/000005-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Pegadas 2. Lingua e medio 2º primaria (libro + 2 cadernos)

4.267,00 €

2014/000006-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Os libros de Merlín 1. Lecturas 1º primaria

1.000,00 €

2014/000007-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Os libros de Merlín 2. Lecturas 2º primaria

1.000,00 €

2014/000009-0

Vicens Vives Primaria, S.A.

Contos de hoxe 1. 1º primaria

1.000,00 €

2014/000010-0

Vicens Vives Primaria, S.A.

Lecturas 1. 1º primaria

1.000,00 €

2014/000012-0

Vicens Vives Primaria, S.A.

Contos de hoxe 2. 2º primaria

1.000,00 €

2014/000013-0

Vicens Vives Primaria, S.A.

Lecturas 2. 2º primaria

1.000,00 €

2014/000014-0

Ediciones Vicens Vives, S.A.

Civilidade 3º ESO

4.016,00 €

2014/000015-0

Editorial Luis Vives-Tambre

Proxecto Dimensión Nubaris 2 anos

2.410,00 €

2014/000021-0

Editorial Luis Vives-Tambre

Proxecto Pixépolis. Lingua 5º primaria (libro + CD)

4.029,00 €

2014/000024-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Ciencias da natureza 1º primaria

2.268,00 €

2014/000025-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Ciencias sociais 1º primaria

1.870,00 €

2014/000026-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Lingua 1º primaria

3.979,00 €

2014/000027-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Ciencias da natureza 3º primaria

3.000,00 €

2014/000028-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Ciencias sociais 3º primaria

2.937,00 €

2014/000029-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Lingua 3º primaria

4.016,00 €

2014/000030-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Ciencias da natureza 5º primaria

1.825,00 €

2014/000031-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Ciencias sociais 5º primaria

2.838,00 €

2014/000032-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Lingua 5º primaria

4.255,00 €

2014/000033-0

Ediciones Don Bosco (Editorial Rodeira-Edebé)

Relixión católica 5º primaria

3.210,00 €

2014/000037-0

Edicións Obradoiro, S.L. (Grupo Santillana)

Proxecto saber facer. Ciencias sociais 1º primaria

3.602,00 €

2014/000038-0

Edicións Obradoiro, S.L. (Grupo Santillana)

Proxecto saber facer. Lingua 1º primaria

3.451,00 €

2014/000039-0

Edicións Obradoiro, S.L. (Grupo Santillana)

Proxecto saber facer. Lingua 3º primaria

3.928,00 €

2014/000040-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Lingua e literatura 2º bacharelato

4.317,00 €

2014/000041-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Os dereitos humanos. Guía didáctica para primaria-Libro virtual

1.000,00 €

2014/000050-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Ciencias da natureza 1º primaria

2.736,00 €

2014/000051-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Ciencias sociais 1º primaria

3.037,00 €

2014/000052-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Lingua 1º primaria

3.853,00 €

2014/000054-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Música 1º primaria (libro + CD)

3.087,00 €

2014/000055-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Relixión católica 1º primaria

2.862,00 €

2014/000056-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Xuntos 1º primaria

3.464,00 €

2014/000057-0

Grupo Anaya, S.A.

Con razón. Valores sociais e cívicos 1º primaria

2.799,00 €

2014/000058-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Ciencias da natureza 3º primaria

2.887,00 €

2014/000059-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Ciencias sociais 3º primaria

3.627,00 €

2014/000060-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Lingua 3º primaria (libro + CD)

4.129,00 €

2014/000062-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Música 3º primaria (libro + CD)

3.087,00 €

2014/000063-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Relixión católica 3º primaria

2.761,00 €

2014/000064-0

Grupo Anaya, S.A.

Con razón. Valores sociais e cívicos 3º primaria

2.749,00 €

2014/000065-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Ciencias da natureza 5º primaria

2.836,00 €

2014/000066-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Ciencias sociais 5º primaria

3.828,00 €

2014/000067-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Lingua 5º primaria (libro + CD)

4.079,00 €

2014/000069-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Música 5º primaria (libro + CD)

3.087,00 €

2014/000070-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Relixión católica 5º primaria

2.749,00 €

2014/000071-0

Grupo Anaya, S.A.

Con razón. Valores sociais e cívicos 5º primaria

2.862,00 €

2014/000072-0

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias da natureza 1º ESO (en liña)

3.869,00 €

2014/000073-0

Grupo Anaya, S.A.

Lingua galega e literatura 1º ESO (en liña)

3.916,00 €

ANEXO II

Número de expediente

Solicitante

Título

Motivo de denegación

2014/000008-0

Vicens Vives Primaria, S.A.

Contos das catro estacións 1. 1º primaria

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000011-0

Vicens Vives Primaria, S.A.

Contos das catro estacións 2. 2º primaria

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000016-0

Editorial Luis Vives-Tambre

O país das letras. Caderno 1

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000017-0

Editorial Luis Vives-Tambre

O país das letras. Caderno 2

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000018-0

Editorial Luis Vives-Tambre

O país das letras. Caderno 3

Artigo 12 penúltimo parágrafo

2014/000019-0

Editorial Luis Vives-Tambre

O país das letras. Caderno 4

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000020-0

Editorial Luis Vives-Tambre

O país das letras. Caderno 5

Artigo 12 penúltimo parágrafo

2014/000022-0

Editorial Luis Vives-Tambre

Proxecto Pixépolis. Caderno de ortografía 5º primaria

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000023-0

Editorial Luis Vives-Tambre

Proxecto Pixépolis. Caderno de ortografía 6º primaria

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000034-0

Edicións Obradoiro, S.L. (Grupo Santillana)

Canto sabemos! O arrefriado 3 anos

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000035-0

Edicións Obradoiro, S.L. (Grupo Santillana)

Canto sabemos! O museo 4 anos

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000036-0

Edicións Obradoiro, S.L. (Grupo Santillana)

Canto sabemos! O León e a leoa 5 anos

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000042-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Documentos para o estudo da historia 2º bacharelato-Libro virtual

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000043-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Aristóteles (EPUB)

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000044-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Baruch Spinoza (EPUB)

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000045-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Inmanuel Kant (EPUB)

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000046-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Jürgen Habermas (EPUB)

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000047-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Martín Sarmiento na Ilustración (EPUB)

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000048-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Maquiavelo (EPUB)

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000049-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Ortega y Gasset (EPUB)

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000053-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Caderno de lingua 1º primaria

Artigo 8.4

2014/000061-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Caderno de lingua 3º primaria

Artigo 8.4

2014/000068-0

Grupo Anaya, S.A.

Aprender é crecer. Caderno de lingua 5º primaria

Artigo 8.4

2014/000074-0

Grupo Anaya, S.A.

Bioloxía e xeoloxía 3º ESO (en liña)

Artigo 6.7

2014/000075-0

Pai Edicións, S.L.U.

Ceibes no monte

Artigo 12.1.a).3, 2º parágrafo

2014/000076-0

Sermos Galiza, S.A.

Aprender, tarefa compartida

Incompleto. Artigo 8.8

2014/000077-0

Sermos Galiza, S.A.

Encrucillados didácticos

Incompleto. Artigo 8.8