Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se dispón a notificación da resolución do procedemento sancionador por infracción en materia de comercio interior PO-07/2013 (Home Asia Pronto Moda, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notificáselle á entidade que se relaciona no anexo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado, a resolución ditada no procedemento sancionador PO-07/2013, por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

O importe da sanción farase efectivo mediante ingreso na conta restrinxida de recadación de multas e sancións a favor do Tesouro da Facenda Galega, en calquera das oficinas das entidades bancarias de Novacaixagalicia Banco, BBVA ou de Banesto, facendo constar o número de expediente, no prazo establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas oficinas da Dirección Xeral de Comercio, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 3ª planta, de Santiago de Compostela.

Despois de transcorrer o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleriro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou da circunscrición correspondente ao domicilio da entidade sempre que radique en Galicia, á súa elección, no prazo de dous meses contados desde a dita data.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio

ANEXO

Número de expediente: PO-07/2013.

Nome: Home Asia Pronto Moda, S.L.

CIF: B 27779677.

Enderezo: avenida de Fragoso, 83, 36210 Vigo.

Precepto cualificador infracción: artigo 44.2) da Lei 13/2010, do 17 do decembro, do comercio interior de Galicia.

Sanción: multa de 1.501,00 euros.