Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2014/074-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/074-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 19-1º dta., 15004 A Coruña.

Denominación: nova LMT alimentación a Paiosaco.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

Nova liña de media tensión subterránea en condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) e RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×150 Al) con inicio na cela de liña existente no CT avda. Bergantiños (expediente 344/10) e fin nos empalmes proxectados con LMT Paisaco - CT Grela II (expediente 307/05), unha vez entre e saia polo CT Campo da Feira (expediente 68/94) derive ao CT Pigarcre particular e entre e saia do CT Angazo (expediente 617/08). A liña discorrerá por canalización proxectada e por canalización existente, prevista nos expedientes 404/98, 617/08 e 344/10. A lonxitude total da liña será de 967 m.

Reforma do centro de transformación Campo Feira (expediente 68/94) para o que se instalará un novo conxunto de celas de media tensión.

Reforma do centro de transformación Angazo (expediente 617/08) para o que se instalará catro novas celas de media tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 4 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña