Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34146

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril, modificada pola Orde do 9 de maio de 2014, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais,

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 28, 43, 67, 84 e 94 do primeiro exercicio da quenda de acceso libre. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 101, 102 e 103. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. Á vista das reclamacións presentadas, anular a pregunta 89 do primeiro exercicio da quenda de promoción interna. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta 101. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1. da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos). Para estes efectos, fíxase en 35 o número de respostas correctas precisas para obter a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria, tanto para a quenda de acceso libre coma para a de promoción interna.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, no lugar onde se realizou a proba, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2014

Xan Mera Cabanelas
Presidente do tribunal