Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 23 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da obra de construción dun novo IES en Carral (A Coruña), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente ED 5/14-O).

missing image file

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 143, do 30 de xullo de 2014, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 32907, no punto 5. Garantía provisional, onde di: «a) Non se exixe», debe dicir: «a) 2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído)».