Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a subministración para a ampliación do espazo de almacenamento do CPD e servizo de mantemento.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación da contratación para a subministración para a ampliación do espazo de almacenamento do CPD e servizo de mantemento.

1. Entidade adxudicadora.

a) Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información.

1) Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 315, do 11 de xullo de 2014 e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

2) Enderezo: rúa Hórreo 63.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4) Teléfono: 981 55 13 00.

5) Telefax: 981 55 14 09.

6) Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.parlamentodegalicia.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: STI-PA-5/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto.

b) Descrición: subministración para a ampliación do espazo de almacenamento do CPD e servizo de mantemento.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

1) Enderezo: rúa Hórreo 63.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución/entrega: catro anos de duración do mantemento/catro meses para a entrega da subministración.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 30234100-9 discos magnéticos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: de 0 a 61 puntos; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: de 0 a 39 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 85.000 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 85.000 €. Importe total: 102.850 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa temeraria, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación for un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.

2. Enderezo: rúa Hórreo 63.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: dúas sesións públicas, unha para sobres B e outra para sobres C.

b) Enderezo: rúa Hórreo 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e na hora que oportunamente se lles comunicará aos licitadores e se publicará no perfil do contratante da páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas publicados no BOPG núm. 315, do 11 de xullo de 2014, e na páxina:

www.parlamentodegalicia.es

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2014

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia