Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 14 de xullo de 2014, da Área de Recadación, polo que se relacionan liquidacións de xuros de aprazamentos/fraccionamentos de pagamentos pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Cameselle Roca, Aarón e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse liquidacións de xuros de aprazamentos/fraccionamentos de pagamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Liquidación

Importe

Cameselle Roca, Aarón

32825973M

Xeneral Porlier, 3, 4º esda.

15142 Arteixo, A Coruña

510130000571

13,20 €

3Ecel Logística, S.L.

B36456069

A Gándara Guillarei

36720 Tui, Pontevedra

500120024247

1.001,00 €

Morillo Pérez, Yumilda Zuleica

X7830695T

Rúa Roi Páez, 11, 1º,

32004 Ourense

500130014515

13,70 €