Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por José Carlos Torralba Regos.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 168/2014 (procedemento abreviado), interposto por José Carlos Torralba Regos fronte á Resolución da directora xeral de Recursos Humanos, do 27 de xaneiro de 2014, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto fronte á Resolución do 13 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de cociñeiro/a e pinche (DOG núm. 223, do 21 de novembro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos