Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 175/2014, interposto contra o Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Primeira) oficio en que se comunica a interposición do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 175/2014, pola asociación Colectivo para a educación infantil cerotres, contra o Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acorda nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, que se proceda á remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2014

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar