Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2014/069-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013 de 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto de centro de seccionamento e manobra CS San Nicolau.

Situación: concello de Frades.

Características técnicas:

Proxectase un novo centro de seccionamento que se instalará no interior dun edificio prefabricado de formigón tipo monobloque, que será o punto de manobra das liñas:

– LMT Visantoña IV, CT Marís-Frades (expediente IN407A-2004/67).

– LMT San Nicolau y A Panica (expediente 51221).

– LMT Consello (expediente IN407A-1996/299).

Neste centro de seccionamento instalaranse cinco celas de media tensión, unha cela de entrada para a liña Visantoña IV-CTMarís-Frades, y tres celas de saida para as liñas Visantoña IV- CT Maris-Frades, San Nicolau e A Panica e Consello, e unha dela de protección con trafos de tensión para a alimentación dos servizos auxiliares. Todas elas con illamento e corte en SF6. Tamén se proxecta a substitución do apoio existente s/n de
tipo HV-1000/15-CA por un HVH-4500/15 mantendo a posición e altura do anterior.

Adicionalmente, proxéctase un novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu comezo no paso de aéreo a soterrado que se fará no novo apoio HVH - 4500/15 da LMT Visantoña IV-CT Marís-Frades (expediente IN407A- 2004/67), e final nunha das celas de liña que se instalará no centro de seccionamento San Nicolau proxectado, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 52 metros.

Proxéctase un novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu comezo nunha das celas de liña que se instalará no centro de seccionamiento San Nicolau proxectado e finalizará no paso de soterrado a aéreo que se fará no novo apoio HVH - 4500/15 da LMT Visantoña IV-CT Marís-Frades, con conexión coa liña LMT Visantoña IV-CT Maris-Frades (expediente IN407A- 2004/67), sendo a lonxitude total da liña proxectada de 52 metros.

Proxéctase un novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor
RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu comezo nunha das celas de liña que se instalará no centro de seccionamiento San Nicolau proxectado e finalizará no paso de soterrado a aéreo que se fará no novo apoio HVH-4500/15 da LMT Visantoña IV-CT Marís-Frades, con conexión coa liña LMT San Nicolau e A Panica (expediente 51221), sendo a lonxitude total da liña proxectada de 52 metros.

Proxéctase un novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor
RHZ1-2OL-12/20 kV 3x(1x240 Al), que terá o seu comezo nunha das celas de liña que se instalará no centro de seccionamiento San Nicolau proxectado e finalizará no paso de soterrado a aéreo que se fará no novo apoio HVH-4500/15 da LMT Visantoña IV-CT Marís-Frades, con conexión coa liña LMT Consello (expediente IN407A- 1996/299), sendo a lonxitude total da liña proxectada de 52 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña