Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de xullo de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade da situación patrimonial dun membro do Consello da Xunta en cumprimento do Acordo do 10 de abril de 2014.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 10 de abril de 2014, acordou a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido das declaracións de bens patrimoniais dos membros da Xunta de Galicia a que se refire o artigo 10.5 da Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, tanto tras o seu nomeamento como tras o seu cesamento, e referida a ese momento, reflectida no modelo que se xuntou como anexo ao acordo.

En virtude do Decreto 69/2014, do 17 de xuño (Diario Oficial de Galicia núm. 115, do 18 de xuño), Agustín Hernández Fernández de Rojas cesou no cargo de conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade do contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no momento do seu cesamento e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo aprobado polo acordo do Consello:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Agustín Hernández Fernández de Rojas.

Cargo público orixe da declaración: conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Motivo: cesamento.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 159.184 €.

2. Valor total doutros bens: 22.111,20 €.

3. Total: 181.295,20 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 136.120,71 €.