Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada para a elaboración do proxecto e execución de obra dos colectores xerais e estación depuradora de augas residuais en Barcala (Negreira-A Baña), fase I (clave OH.315.1000), cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.315.1000.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de proxecto e obra.

b) Descrición: colectores xerais e estación depuradora de augas residuais en Barcala (Negreira-A Baña). A Coruña. Fase I.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45252000-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S216, do 7 de novembro de 2013; Diario Oficial de Galicia núm. 216, do 12 de novembro, e Boletín Oficial del Estado núm. 273, do 14 de novembro.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 5.455.666,92 euros. Importe total: 6.601.356,97 euros. Esta actuación cofinanciaraa a Unión Europea, no período de 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 46: tratamento de auga (auga residual), Actuación 3.46.1: actuacións contempladas no Plan de saneamento de Galicia, no programa AXUA (actuacións para a xestión e a utilización da auga) e nos plans hidrolóxicos de bacía. Unha maneira de facer Europa.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de xuño de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 7 de xullo de 2014.

c) Contratista: Espina y Delfín, S.L. & Obras y Viales de Galicia, S.L., Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 4.751.340,32 euros. Importe total: 5.749.121,79 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, en que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2014

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia