Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (635/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 635/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Pérez contra a empresa Vaimpoxy, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución, con data do 15 de abril de 2014, dirixida entre outros a Vaimpoxy, S.L., contra a cal non cabe interpor ningún recurso. Faise saber que no citado xulgado os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Vaimpoxy, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xullo de 2014

A secretaria xudicial