Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33233

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de xullo de 2014 pola que se autoriza a apertura e funcionamento da rede de centros de ensinanzas deportivas COEN Centros de Formación.

O representante de COEN Centros de Formación, S.C. solicita autorización de apertura e funcionamento dunha rede de centros para impartir as ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Fútbol, reguladas polo Decreto 353/2003, do 11 de setembro, e polo Decreto 372/2003, do 16 de setembro.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, que establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, no seu artigo 47, sinala a posibilidade de autorizar unha rede de centros dunha mesma titularidade dentro do ámbito territorial dunha comunidade autónoma formada por un centro base e varias sedes. A rede de centros a que se refire a presente orde, comprende un centro base na localidade de Pontevedra e unha sede na de Vigo.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros, que neste caso debe comprender o centro base e as sedes.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e funcionamento da rede de centros de ensinanzas deportivas da mesma titularidade, que se configura segundo se sinala a seguir:

a) Centro base.

– Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas.

– Denominación específica: COEN Centros de Formación.

– Código do centro: 36024860.

– Titular: COEN Centros de Formación, S.C.

– Domicilio: rúa Estrada, nº 24.

– Localidade: Pontevedra.

– Concello: Pontevedra.

– Provincia: Pontevedra.

Ensinanzas que se autorizan:

– De grao medio: ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Fútbol. Dúas unidades de 30 postos escolares cada unha.

– De grao superior: ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico superior en Fútbol. Unha unidade de 30 postos escolares.

b) Sede de Vigo.

– Domicilio: Gran Vía, nº 164.

– Localidade: Vigo.

– Concello: Vigo.

– Provincia: Pontevedra.

Ensinanzas que se autorizan:

– De grao medio: ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Fútbol. Dúas unidades de 30 postos escolares cada unha.

– De grao superior: ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico superior en Fútbol. Unha unidade de 30 postos escolares.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia, así como o equipamento axeitado, tanto no centro base como na sede que se autoriza.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. A titularidade da rede de centros queda obrigada ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria