Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 18 de xullo de 2014 polo que se lles notifica a resolución ditada na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a varios/as interesados/as.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se aproba a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia dos/das interesados/as que se indican no anexo.

Logo de tentar dúas veces a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polos/as interesados/as para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar, e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícalles aos/ás interesados/as que se indican no anexo a resolución antes referida.

Os/as interesados/as poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que os/as interesados/as comparezan, un recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado núm. 16, do 19 de xaneiro, e Boletín Oficial del Estado núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 18 de xullo de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Humberto Cao Rego.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Esther del Río Mosquera.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Marcos García Mahía.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.