Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1270/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1270/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Sande Ramos contra Puertas Ramón Rama, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

1º. Que estimando a demanda formulada por Pablo Sande Ramos contra a empresa Puertas Ramón Rama, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 5.741,03 euros, que lle debe.

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social e do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra esta resolución cabe recurso de suplicación nos supostos recollidos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación e aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Puertas Ramón Rama, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xullo de 2014

O secretario xudicial