Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Borrifáns (Cesuras-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o trámite de audiencia realizado como consecuncia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Borrifáns (Cesuras-A Coruña), por ser devolto polo servizo de Correos.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.000 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesada: Nieves Gundín García.

Último enderezo coñecido: Presinge, Suíza.

Acto notificado: como consecuencia do recurso de alzada interposto por Jesús Fandiño Presedo contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Pedro de Borrifáns (Cesuras-A Coruña), comunícolle que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que lle afecta a vostede.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos, estando supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

Modificacións que se propoñen: variar a configuración do predio número 665 de Nieves Gundín García (prop. 195), quedando tras isto cunha superficie de 3.505 m2 e un valor de 317.440,00 puntos.