Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33018

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 15 de xullo de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 28 de abril de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante unha Orde do 28 de abril de 2014 (DOG nº 98, do 23 de maio), e de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da citada convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo denominado xefatura do Servizo de Xestión e Promoción Lingüística, código ED.401.00.002.15770.009, nivel 28, dependente da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá formularse un recurso postestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos