O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe/a do Servizo de Reumatoloxía.
As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro de Xestión Integrada da Coruña así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 27 de xuño de 2014
Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
Grupo de clasificación: A1.
Nº de vacantes: 1.