Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da adquisición dun equipamento de espectrometría de masas con plasma de acoplamento indutivo e dun sistema de cromatografía de gases con detección por espectrometría de masas de triplo cuádruplo para laboratorios de Saúde Pública, cofinanciados nun 80 % pola Unión Europea, programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (AB-CON1-13-028).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-13-028.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición dun equipamento de espectrometría de masas con plasma de acoplamento indutivo e dun sistema de cromatografía de gases con detección por espectrometría de masas de triplo cuádruplo para laboratorios de Saúde Pública.

c) Lotes (de ser o caso): si/2.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33100000-1.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 190, do 4 de outubro de 2013

Boletín Oficial del Estado núm. 243, do 10 de outubro de 2013

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2013/S 186-320434, do 25 de setembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 280.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 280.000 euros. Importe total: 338.800 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.5.2014.

b) Data de formalización dos contratos: 20.6.2014.

Lote

Empresa adxudicataria

Adxudicación (con IVE)

1

Brucker Española, S.A.

132.495,00

2

Agilent Technologies Spain, S.L.

130.614,43

Total

263.109,43

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

P.D. (Decreto 41/2013 e Orde do 3.7.2009)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos