Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2014/19-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS, CT Río Miño.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV de 330 m con orixe na LMT existente do CT Conde de Fenosa e remate na LMT existente ao CS Río Galir (32CHB3) con entrada e saída no CT proxectado Río Miño de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 47.759,66 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 4 de xullo de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense