Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32860

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2014 pola que se acorda a publicación do emprazamento a todas as persoas que presentaron solicitude para a participación nas probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), grupo III, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2013.

Por Resolución reitoral do 22 de xullo de 2014 procederase a remitir ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado nº 112/2014, interposto por Manuel Pérez Calvelo, contra a Resolución do 2 de decembro de 2013 (DOG do 16 de decembro) pola que se convocan probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), grupo III, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral da USC; e o emprazamento das persoas que aparezan como interesadas nel e que puidesen resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove días, contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no antedito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non comparecen dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela