Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/25-2, 8161 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Domicilio social: San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

Denominación: instalación de LMTS, CS e CT de 400 kVA de compañía para subministración en baixa tensión ao centro cultural-Auditorio de Lugo.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

Centro de seccionamento e transformación en edificio non prefabricado para cesión á compañía subministradora, situado no centro cultural Auditorio de Lugo, cunha potencia proxectada de 400 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instala unha cela compacta función dobre interruptor máis protección automática extensible Siemens modelo 8DJH-RRL-(IKI30)-E e unha cela de protección con ruptofusible extensible Siemens modelo 8DJH-T-E.

Canalización proxectada (obra civil) con orixe nunha arqueta existente propiedade de Begasa situada na rúa de Madanela e final no centro de transformación proxectado, formado por catro tubos de 160 mm e dous de 63 mm, cunha lonxitude de 80 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo