Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria non suxeito a regulación harmonizada, do servizo para o desenvolvemento de accións de formación e divulgación do cooperativismo mediante a teleformación (expediente 44/2014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3) Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4) Fax: 981 54 01 18.

5) Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6) Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 44/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para o desenvolvemento de accións de formación e divulgación do cooperativismo mediante a teleformación.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: oito meses desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 80530000-8 Servizos de formación profesional.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: corenta e catro mil cincocentos corenta e cinco euros con corenta e cinco céntimos (44.545,45 €).

5. Orzamento.

a) Orzamento base de licitación: corenta e catro mil cincocentos corenta e cinco con corenta e cinco euros (44.545,45 €) máis nove mil trescentos cincuenta e catro con cincuenta e cinco euros (9.354,55 €) correspondentes ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de cincuenta e tres mil novecentos euros (53.900,00 €), distribuídos do seguinte xeito:

– 2014: 23.719,00 € + 4.981,00 € (IVE)= 28.700,00 €.

– 2015: 20.826,45 € + 4.373,55 € (IVE)= 25.200,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 8.1.1. e) e f) do PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20830

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar