Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 2014/056).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT Lugar de Neaño.

Situación: Cabana de Bergantiños.

Características técnicas:

– Tramo liña de media tensión aérea CBA-804-liña principal, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,112 km, con orixe no apoio nº 20 existente que se substituirá da LMT CBA-804, onde se realiza a derivada ao CT Neaño I, en condutor LA-110/116,2 mm2 Al, e final no apoio nº 21 existente que se substituirá da LMT CBA-804, tramo entre a derivada ao CT Neaño I e o CT Neaño.

– Tramo liña de media tensión aérea CBA-804-derivada a CT Neaño I, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,017 km, con orixe no apoio nº 20 existente que se substituirá da LMT CBA-804, onde se realiza a derivada ao CT Neaño I, en condutor LA-56/54,6 mm2 Al, e final no apoio nº 20/1 existente que se substituirá da LMT CBA-804, no tramo da derivada ao CT Neaño I.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 3 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña