Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32722

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 18 de xullo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.1.2:

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos).

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, no taboleiro de anuncios do lugar onde se celebrou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que coiden oportunas con relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da Orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2014

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal