Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de xullo de 2014 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2013000302 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01314, colectores xerais da bacía do río Mendo. TM Salvaterra de Miño.

Concello: Salvaterra de Miño.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: Concello de Salvaterra de Miño.

Beneficiario: Concello de Salvaterra de Miño.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa a quen se notifica

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Carmen Gregores Prieto

José Domínguez Gil

Dolores Méndez Rodríguez

María Carmen Barbosa Fuentes e outro

Casiano García González

Comunal

Nélida Tielas Mariño

Manuel Gregores Iglesias

24.4.2014

24.4.2014

24.4.2014

24.4.2014

24.4.2014

24.4.2014

24.4.2014

24.4.2014

2013000302

2013000327

2013000328

2013000330

2013000332

2013000341

2013000362

2013000371

37 (interceptor)

135 (interceptor)

139 (interceptor)

142 (interceptor)

150 (interceptor)

197 (interceptor)

267 (interceptor)

318 (interceptor)

128,22

7,11

77,19

98,22

10,31

169,60

2,22

74,30