Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32617

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar

ANUNCIO do 21 de xullo de 2014 polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente (CPD05).

A Dirección do Centro Universitario da Defensa (en diante CUD), na Escola Naval Militar de Marín (en diante ENM), no uso das súas competencias, logo da aprobación na reunión do Padroado do 14 de novembro de 2013, con base na disposición adicional vixésimo terceira (Cobertura das necesidades de persoal docente dos centros universitarios da Defensa) da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, e recibida a autorización do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (escrito do 18 de xullo de 2014), resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público, polo procedemento de urxencia, para cubrir as necesidades docentes existentes mediante a contratación, en réxime laboral, de persoal docente para as seguintes categorías:

Categoría de profesor

Número de prazas

Axudante doutor

8

Axudante

13

Asociado

7

Este concurso rexerase polo disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, así como polo Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime do profesorado universitario; polo Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia sobre contratación de profesorado universitario; pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), e pola normativa reguladora do procedemento para a provisión de prazas de persoal docente e investigador do CUD na ENM, aprobada na reunión do Padroado do 8 de marzo de 2010.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar (praza de España, s/n, 36920 Marín, Pontevedra), así como na páxina web do Centro Universitario da Defensa (http://cud.uvigo.es – Persoal – Persoal docente e investigador (PDI) – Concursos de profesorado – Quinto concurso de persoal docente contratado (código CPD05).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, debendo dirixilas ao Director do Centro Universitario da Defensa no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na convocatoria.

Marín, 21 de xullo de 2014

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín