Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do servizo de arrendamento con opción de compra e mantemento dun equipamento de almacenamento de información no HULA (AB-EIL1-13-012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa do HULA.

c) Número de expediente: AB-EIL1-13-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: arrendamento con opción de compra e mantemento dun equipo de almacenamento de información no HULA para a Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72317000-0 Servizos de almacenamento de datos.

e) Medios de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 18 de febreiro de 2014 no DOUE, 21 de febreiro no BOE e 12 de febreiro no DOG.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado del contrato: 540.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 540.000,00 euros.

Importe total: 653.400,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de maio de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 10 de xuño de 2014.

c) Contratista: Ednon, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 472.972,72 euros.

Importe total: 572.296,99 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: mellor oferta técnica e económica (para máis información: ver o perfil do contratante, www.sergas.es).

Lugo, 26 de xuño de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos