Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 18 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 2014/2-1.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 2 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI-IN635C 2014/2-1.

Interesada: Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L.

CIF: B15816739.

Acto notificado: propuesta de resolución de expediente sancionador.