Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32474

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 9 de xullo de 2014 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, prevé, no seu artigo 232, modificado pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, a creación do Xurado de Expropiación de Galicia, como órgano colexiado permanente da nosa comunidade autónoma especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a Administración expropiante sexa a Comunidade Autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial.

O dito precepto dispón, entre outros aspectos, a composición dese xurado, sendo desenvolvido mediante o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, aprobado mediante Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

O artigo 4 deste regulamento establece, nas letras c), d), e) e f) do seu parágrafo 2º, respecto da composición do xurado, que distintos organismos, entidades e colexios profesionais proporán, cada un deles, un representante que actuará como vogal titular. Así mesmo, prevese a designación, do mesmo xeito, dun vogal suplente que actuará en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que imposibilite a asistencia daquel titular.

Todos eles serán nomeados polo conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio. O mandato destes vogais será de catro anos, renovables por períodos de igual duración, que comezará a computarse desde o día seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, podendo ser, se é o caso, substituído.

En virtude da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia (publicada no DOG do día 29 de abril), realizouse o nomeamento de vogais, titulares e suplentes, en representación de varios destes organismos e entidades. Esgotada a vixencia do seu mandato e logo de realizar os trámites formais de solicitude de designación aos organismos e entidades sinaladas no anteriormente mencionado artigo 4 que lles corresponde por tempo de mandato, parte deles achegaron a súa proposta.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único. Noméanse as persoas que se relacionan no anexo como vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2014

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Vogais do Xurado de Expropiación de Galicia segundo o disposto no artigo 4.2º.d) e f) do Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

1. En representación da Consellería de Facenda:

Titular: Xan Xosé Castro Dapena.

Suplente: Carlos José Darriba López.

2. En representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia:

Titular: Víctor Manuel Yáñez Cortes.

Suplente: José Carlos González Cabo.