Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes de axuda do Plan de mellora e modernización das explotacións agrarias (15/00137/07 e seis máis).

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

As persoas relacionadas no anexo poden recoller a respectiva resolución no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento da dita resolución e constancia de tal coñecemento.

A resolución esgota a vía administrativa. As persoas interesadas poderán interpor contra ela, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: expediente número 15/00137/07, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Vázquez Eiroa, Natividad.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: O Monte de Bribes, nº 12, 15659 Cambre, A Coruña.

2. Procedemento: expediente número 15/50051/10, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Magdalena Fernández, Yésica.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: rúa Roble, 24, Xalo, As Encrobas, 15187 Cerceda, A Coruña.

3. Procedemento: expediente número 27/00505/04, de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesado: Rodríguez Rodríguez, José.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Piñeiro, Santa María de Muxa, 27290 Lugo.

4. Procedemento: expediente número 27/00630/05, de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesada: Explotaciones Ganaderas Roalco, S.L.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: A Madanela, 15800 Melide, A Coruña.

5. Procedemento: expediente número 27/00452/06, de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesada: Explotaciones Ganaderas Alprago.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Lamas de Prado, nº 141, baixo, 27004 Lugo.

6. Procedemento: expediente número 27/01040/06, de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesado: Gómez Costoya, Juan José.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Rambla de San Pablo, s/n, 15800 Melide, Lugo.

7. Procedemento: expediente número 27/50069/09, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: García Rivera, María Cristina.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Fabega, O Carmen, 27048 Mondoñedo, Lugo.