Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2011/64-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por medio desta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución de procedemento de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego de data do 9 de setembro de 2011.

Faise saber que esta resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución ante esta Dirección Xeral de Emprego e Formación, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2014

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación Galicia Terra de Acollida.

Enderezo: Juan de Anges, nº 7, baixo dereita, 32002 Ourense.

Expediente: TR352A 2011/64-0.

Data da resolución do procedemento de reintegro: 18 de novembro de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2) da Orde do 30 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2011, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 20.124,09 €.