Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2014 pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada do servizo de xestión operativa e tecnolóxica do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (CAE 112 Galicia), polo sistema de procedemento aberto e adxudicación baseada nunha pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2) Enderezo: rúa Roma, nº 25-27, 1º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 72 57.

5) Fax: 981 54 60 28.

6) Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20905

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.axega112.org

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o 6 de agosto de 2014 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.14.SE.019.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de xestión operativa do número de emerxencias 112 no ámbito da Comunidade Autónoma durante as 24 horas do día os 365 días do ano, e o soporte técnico do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.

c) División por lotes e numero: non.

d) Prazo de execución: 2 anos desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPA: 842519 CPV: 75200000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor. A pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 10.001.183,48 €, IVE excluído, inclúe o orzamento de licitación e as eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación: 6.050.716,00 €, IVE incluído.

6. Garantía exixidas: provisional: 3 % do orzamento de licitación (IVE excluído): 150.017,75 €. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVA excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: si: grupo U, subgrupo 7, categoría D e grupo V, subgrupo 2 e 5, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 18 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do día 6 de agosto de 2014.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas. Deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2. Enderezo: rúa Roma, 25-27, 1ª planta, polígono das Fontiñas.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anuncialo ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no número 1.c).5) deste anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Domicilio: rúa Roma, 25-27, 3ª planta, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data: a apertura do sobre B terá lugar en acto público o 18.8.2014 ás 12.00 horas. A apertura do sobre C terá lugar en acto público comunicándose a data e a hora coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C.

No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2014

(Por delegación de sinatura do 11.4.2014)
Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias