Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 8 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de incoación e trámite de audiencia de expedientes sancionadores (Pesan 1 2014/000102-2 e Pesan 1 2014/000103-2).

Segundo o que dispón o artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as incoacións e os trámites de audiencia dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, desde que se publique este edicto, para presentaren ante a xefatura territorial as alegacións que xulguen pertinentes.

Os expedientes que se relacionan a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, situada na avenida Ramón Canosa, s/n, Viveiro 27863.

Nº de expediente: Pesan 1 2014/000102-2.

Denunciada: Noelia Giménez Romero.

DNI: 32711690D.

Enderezo: r/ Insua, 5, baixo dereita. Ferrol.

Nº de expediente: Pesan 1 2014/000103-2.

Denunciado: Faustino Salazar Camacho.

DNI: 32610898A.

Enderezo: rúa O Prado, nº 24 A, portal 4, 1º. Ferrol.

Viveiro, 8 de xullo de 2014

Miguel A. Otero Soto
Instrutor