Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia licitación, polo procedemento aberto, para a contratación documentalmente simplificada da obra de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés, cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (AB-SER3-14-010).

missing image file

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Código postal e localidade: 15781 Santiago de Compostela.

4) Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 27 74-881 54 03 05 (cuestións técnicas).

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 8 de setembro de 2014.

d) Número do expediente: AB-SER3-14-010.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición do obxecto: obra de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), cofinanciados nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Lugar de entrega:

1) Enderezo: léanse os pregos. Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

2) Código postal e localidade: 15781 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución: 27 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito á regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e nos puntos 3.5 e 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.

4. Valor estimado do contrato: 8.059.508,55 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 8.059.508,55 € IVA (%): 21%. Importe total: 9.752.005,35 €. Ver pregos.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría f; grupo I, subgrupo 6, categoría e; grupo J, subgrupo 2, categoría d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Compromiso de medios persoais: ver a cláusula 13.III da folla de especificacións do prego.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 8 de setembro de 2014.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación. Contratación documentalmente simplificada.

c) Lugar de presentación.

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (o horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres).

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Código postal e localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admite.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura do sobre B e sobre C en actos públicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Código postal e localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario. Ver punto 18 da folla de especificacións do prego.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de xullo de 2014.

12. Outras informacións: esta contratación está cofinanciada nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76. O proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares poderanse examinar na Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos, ou no perfil do contratante http://www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos