Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 27 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica resolución, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, por descoñecemento da identidade dos herdeiros de Dolores Maneiro Santamaría.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante RXAP-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a notificación aos herdeiros de Dolores Maneiro Santamaría a través do servizo de Correos por descoñecemento da súa identidade, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representados no Servizo de Coordinación de Centros da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do seu expediente.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderanse producida desde o día seguinte.

A Coruña, 27 de xuño de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos: herdeiros de Dolores Maneiro Santamaría.