Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativa ao expediente TR341D 2010/692-2 e tres máis.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 30 de xuño de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2010/692-2.

Nome: Daniel Alberico Aguiar Saavedra.

DNI/NIF: Y0045038H.

Último enderezo coñecido: r/ Otero Pedrayo, 20-1º F, 27003 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, alínea a) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2010/698-2.

Nome: Carolina Elisabeth Méndez Gómez.

DNI/NIF: 33550014-Y.

Último enderezo coñecido: r/ Doutor Casares, 178-3º B, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, alínea a) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2010/699-2.

Nº de expediente: TR341D 2010/904-2.

Nome: Alexis Pardo Narro.

DNI/NIF: 44330865-K.

Último enderezo coñecido: r/ Camiño de Pipín, 17-1º, 27003 Lugo.