Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de acordo de procedencia de reintegro de axudas do Programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de 2009) relativa ao expediente TR347H 2009/205-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Esta resolucion pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347H 2009/205-1.

Nome ou razón social: Merca Eiras, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Conga, 8, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.