Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica o acordo de modificación de cualificación xurídica do expediente sancionador ANP-CO-0003/2014V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio o acordo do respectivo procedemento.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas no Edificio San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra o acordo dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer as alegacións que xulguen convenientes, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo de quince días, conforme o disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANP-CO-0020/2014-V.

Interesado: David Martínez Estévez.

Acto de notificación: acordo de procedemento.

Último enderezo coñecido: rúa Joaquín Planells, 35, 8º D, 15008 A Coruña.

Expediente: ANP-CO-0009/2014-V.

Interesado: Samuel Suárez Vega.

Acto de notificación: acordo de procedemento.

Último enderezo coñecido: As Pontes, 2, 1º D, 15403 Ferrol, A Coruña.

Expediente: ANP-CO-0003/2014-V.

Interesado: Miguel Vargas Gabarri.

Acto de notificación: acordo de procedemento.

Último enderezo coñecido: avenida Santa Icía, 64, interior, 15570 Narón, A Coruña.