Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 10 de xullo de 2014 polo que se lle notifica a Manuel Zanotto o requirimento de documentación en relación coa súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Con data do 26.5.2014, o xefe do Servizo de Formación en Emerxencias da Academia Galega de Seguridade Pública remitiu un escrito de requirimento de documentación relativo ao expediente de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia solicitada por Manuel Zanotto.

Unha vez tentada por dúas veces a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foron devoltas polo dito servizo coa indicación de «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle a Manuel Zanotto o requirimento antes citado.

O interesado pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada-Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmaselle ao interesado que, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que compareza, darase por desistido da súa petición, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

A Estrada, 10 de xullo de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública