Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de xullo de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/13/2013, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a Servando Méndez Caíño, Marta Aida Rodríguez Arrillaga e María Rosa Fisas Armengol para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/13/2013, en relación coas obras de construción dun depósito de materiais e movementos de terra que se levan a cabo no lugar de Vilela-Covelas, no termo municipal de Ribadeo.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística