De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo que se achega, o acordo de iniciación recaído nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).
Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercitar perante a instrutora, o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avenida Habana, nº 79, 2º, de Ourense.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Ourense, 30 de xuño de 2014
Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-E-172/14.
CIF: 76726856-Y.
Denunciado: José Alberto Iglesias Blanco.
Enderezo: r/ San Martín, nº 28, Ribadavia (Ourense).
Establecemento: Dos Amigos, r/ San Martín, nº 28, Ribadavia (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.
Número de expediente: OU-E-173/14.
CIF: 76726856-Y.
Denunciado: José Alberto Iglesias Blanco.
Enderezo: r/ San Martín, nº 28, Ribadavia (Ourense).
Establecemento: Dos Amigos, r/ San Martín, nº 28, Ribadavia (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.
Número de expediente: OU-E-179/14.
CIF: B-3233341.
Denunciada: Ingacu, S.L.U.
Enderezo: r/ Constitución, nº 18, Xinzo de Limia (Ourense).
Establecemento: Chaman Blues, r/ Constitución, nº 18, Xinzo de Limia (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.
Número de expediente: OU-E-182/14.