Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se somete a información pública a versión preliminar do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período de programación 2014-2020 e o informe de sustentabilidade ambiental.

En cumprimento do artigo 21 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, sométese a información pública o informe de sustentabilidade ambiental e a versión preliminar do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período de programación 2014-2020, durante un prazo de corenta e cinco días contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O dito informe de sustentabilidade ambiental e a versión preliminar do Programa de desenvolvemento rural encóntranse á disposición do público para a súa consulta nas oficinas do Servizo de Coordinación e Seguimento do PDR, pertencente á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar (r/ Irmandiños, s/n, Salgueiriños de Abaixo, 15781 Santiago de Compostela), ou na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar (http://www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/desarrollo_rural/PDR_2014_2020/avaliacion_ambiental/) durante o período mencionado, no que os xuros poderán examinalo e formular, así mesmo, as observacións que crean convenientes.

As alegacións ou suxestións ao informe de sustentabilidade ambiental e á versión preliminar do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período de programación 2014-2020 deberán formularse por escrito e ser dirixidas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, podendo ser presentadas nos seus rexistros, así como no rexistro e oficinas establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar